Cambio Climático e Xénero

     


   Tras a lectura dunha serie de noticia, chegamos a unha mesma conclusión: a necesidade de empoderar as mulleres para así conseguir frear o cambio climático de forma máis eficaz. Pero, que pode unir a este dous termos que a primeira vista non teñen unha relación directa e determinante entreeles?

    En moitas ocasións no ámbito rural e natural as mulleres son as que se encargan da maioría das tarefas e das máis complicadas, moitas veces este rol é invisible. Por estas razóns, os estudos nos que falaban nos textos, dicían que incorporar as mulleres en altos cargos e nas tomas de decisións sobre as xestións de recursos naturais, fai máis eficaz o enfrontamento a crises ecolóxicas e do cambio climático. Poderíamos decir que estas dúas problemáticas están afectadas polo mesmo modelo socioeconómico productivista e patriarcal, baseado na sobreexplotación e no acceso desigual aos recursos. Podemos encontrar un movemento feminista que leva moitos anos loitando por esta conexión muller-natureza, o ecofeminismo. Hai numerosos exemplos de grupos de mulleres que crearon movementos moi importantes a nivel ecolóxico:  Chipko, Cinturón Verde de Kenia, Greenham Common ou Plachimada. 

        A modo de peche, debemos concienciarnos de que a problemática das mulleres e o cambio climático son dúas caras dunha mesma loita, deben ir da man para así deixar atrás o mundo onde as repercusións climáticas acentúan aínda máis as desigualdades de xénero existentes e onde a desigualdade impide unha loita eficiente e xusta contra o cambio climático.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Texto relacionando 3 palabras